venres, 3 de marzo de 2017

Venres, outra vez

Esta semana "tan curtiña" xa nos sitúa nun novo venres. O día de hoxe serviunos para rematar o tema 8 nos dous libros (o luns empezaremos co 9) e para ver un anaco dunha película, que remataremos de ver o vindeiro venres, e da que xa vos contaremos algo.
Fai tempo que nos vos recomendo ningún disco, así que para desfrutar desta fin de semana preséntovos esta delicia que é o Pelo Gato 24. Un disco para xogar, un xogo para escoitar; un discazo editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.


Aquí tedes un petisco do mesmo, co que nos habemos meter a semana que vén:


Pasade unha boa finde semana!

1 comentario:

  1. LIBRO DO FOGUETE: 84, 85, 86 e 87.
    LIBRO DO TALADRO: 86 e 87.
    (Hoxe levan o LIBRO DO FOGUETE).
    Se alguén aínda non sabe todos os números do 0 ao 99, que aproveite esta fin de semana para darlles un repaso. E non vos esquezades tampouco da poesía!

    ResponderEliminar