luns, 23 de outubro de 2017

4ª Semana: Maleta de Pablo e de Samuel.

                                                         MALETA DE PABLO


Esta semana tocoulle o turno a Pablo, decir que podería levar a maleta todas as semanas, ten un comportamento exemplar!

       Coa súa maleta Pablo quixo mostrarnos o seu libro favorito, un libro de animais, cunhas ilustracións preciosas e moitos detalles de numerosos animais. Tamén meteu dentro da maleta un dinosaurio, xa que lle gusta moito xogar con él.
      Por último, amosounos un debuxo que fixo na casa e que quería compartir con todos nós.
Segue así Pablo! Moitas gracias!!!


                                                          MALETA DE SAMUEL


O segundo elexido da semana foi Samuel, xa que esta semana se esforzou moito e mellorou o seu comportamento notablemente.

      Samuel trouxo dentro da maleta ao seu superheroe preferido: "O Capitán América" e contounos que xoga moito con él. Tamén trouxo outros xoguetes: os seus pequenos coches, cos que gana moitas carreiras!
      O libro que trouxo Samuel conta unha historia que case todos coñecían (porque viron a película). Con todo e con iso, todos escoitaron abraiados as anécdotas das formigas e dos saltamontes. Gracias pola túa maleta Samuel!!



luns, 16 de outubro de 2017

3ª SEMANA DA MALETA VIAXEIRA: Antón e Noa Burgos


                                                          MALETA DE ANTÓN



De xeito máis que merecido Antón levaba a maleta para traela de volta con tres cousas ben interesantes. O conto de Mario gustoulles moito, é un libro especial en forma de tebeo manga. Antón disfrutou contándonos ao resto da clase algún dos seus capítulos favoritos do libro.
 O 2º obxeto eran unhas castañolas que veñen de moi lonxe, de Marruecos! Antón fíxonos unha demostración de como soan e contounos que lle deron as castañolas nun viaxe que fixo a ese país.
 O último obxeto foi o que máis lles gustou. É un trofeo que gañou nun concurso de debuxo, demostrando así o que xa sabíamos... que é todo un artista! Gracias Antón!!!



                                                     MALETA DE NOA BURGOS



Despois tocoulle o turno a Noa Burgos, tamén moi merecido! Noa trouxo unha camiseta do seu clube de voleibol, amosando que é toda unha deportista. Explicounos a todos os diferentes saques e golpeos de voleibol.
Tamén meteu na maleta duas bonecas coas que lle gusta moito xogar.
Por último, o libro que trouxo pareceunos moi interesante. Trae unhas ilustracións moi chulas do espacio, dos planetas, dos satélites,...Noa leu algunhas páxinas e todos escoitaban con atención e entusiasmo!Así da gusto aprender! Moitas gracias Noa.B!!!



martes, 10 de outubro de 2017


2ª semana da maleta viaxeira


                                                       MALETA DE TANIA



A primeira en levar a maleta esta semana foi Tania. Tania recibía a maleta como premio ao seu bo comportamento e a o seu esforzo diario. Dentro da súa maleta traía un libro increible! Un libro que nos resumía a vida de moitas mulleres que cambiaron o mundo. Os compañiros quedaron abraiados coas historias dalgunhas desas mulleres. Na maleta tamén traía unha comba porque lle gusta moito xogar con ela e unha figura de un gatiño porque lle gustan moito os animais. Gracias Tania!!!




                                                            MALETA DE LÚA

 Despois tocoulle levar a maleta a Lúa. Trouxo dous libros que a ela lle gusta moito ler e que aos compañeiros tamén lles encantaron! Tamén nos trouxo na súa maleta un pompón que usa para adornar a súa mochila. Durante dous días estivemos lendo e traballando cos libros de Lúa e despois todos fixeron un debuxo. Gracias pola túa maleta Lúa!!!


luns, 2 de outubro de 2017


A MALETA DE GISELA E DE DANIEL.O:

A semana pasada, última semana de setembro, Gisela e Daniel.O trouxeron a súa maleta repleta de cousas que contar.



                                                                     GISELA

Gisela foi a primeira en traer a maleta cargada. Deixounos a todos abraiados coas cousas que trouxo e con todo o que nos contou. Descubrimos que é toda unha artista, que pinta cadros moi fermosos e que practica baile clásico. Tamén trouxo un libro que nos encantou a todos, que nos falaba das emocións "El monstruo de colores". Moitas gracias Gisela!!!!


                                                                    DANIEL.O

Daniel.O estaba ansioso por levar a maleta e traer os seus tres obxetos. Cando lle dixen que era o seguinte en levar a maleta, a súa cara reflexaba unha gran ledicia! Un xesto que me emocionou personalmente foi que todos felicitaron a Daniel e  de forma espontánea comezaron a aplaudirlle. Daniel trouxo o seu robot favorito co que lle gusta moito xogar e dous libros con personaxes moi coñecidos que lemos en voz alta na clase. Moitas gracias Daniel!!!