martes, 10 de outubro de 2017


2ª semana da maleta viaxeira


                                                       MALETA DE TANIA



A primeira en levar a maleta esta semana foi Tania. Tania recibía a maleta como premio ao seu bo comportamento e a o seu esforzo diario. Dentro da súa maleta traía un libro increible! Un libro que nos resumía a vida de moitas mulleres que cambiaron o mundo. Os compañiros quedaron abraiados coas historias dalgunhas desas mulleres. Na maleta tamén traía unha comba porque lle gusta moito xogar con ela e unha figura de un gatiño porque lle gustan moito os animais. Gracias Tania!!!




                                                            MALETA DE LÚA

 Despois tocoulle levar a maleta a Lúa. Trouxo dous libros que a ela lle gusta moito ler e que aos compañeiros tamén lles encantaron! Tamén nos trouxo na súa maleta un pompón que usa para adornar a súa mochila. Durante dous días estivemos lendo e traballando cos libros de Lúa e despois todos fixeron un debuxo. Gracias pola túa maleta Lúa!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario