martes, 31 de xaneiro de 2017

Que todos os días sexan Día da Paz


Esta mañá puxemos fin ás conmemoracións do Día da Paz, montando un mural coas nosas obras de arte, con esta fermosa canción de Luis Guitarra e cun poemiña da inmortal Gloria Fuertes, a "poeta dos nenos".
"Derrochando" arte...


SOLO TRES LETRAS 
Sólo tres letras, tres letras nada más, 
sólo tres letras que para siempre aprenderás. 
Sólo tres letras para escribir PAZ. 
La P, la A y la Z, sólo tres letras. 
Sólo tres letras, tres letras nada más, 
para cantar PAZ, para hacer PAZ. 
La P de pueblo, la A de amar 
y la Z de zafiro o de zagal. 
De zafiro por un mundo azul, 
de zagal por un niño como tú. 
No hace falta ser sabio, 
ni tener bayonetas, 
si tu te aprendes bien, 
sólo estas tres letras, 
úsalas de mayor 
y habrá paz en la tierra. 

Gloria Fuertes 


luns, 30 de xaneiro de 2017

Marchando unha de paz, fauvismo e moita tempera

Hoxe, trinta de xaneiro, conmemoramos o día escolar da paz e da non violencia, lembrando a figura de Mahatma Gandhi. No cole fixémolo con este cadro de Henri Matisse, con eses paxaros brancos que nos lembraron á pomba da paz.

Na aula de primeiro b falamos sobre a paz e tentamos reproducir a obra por medio de dúas técnicas pictóricas que nos gustaron moito: o estarcido e o estampado, que acompañamos dunha pequena dose de picar, cortar e pegar.










Esta é a obra rematada de Xoel.

domingo, 29 de xaneiro de 2017

Aviso

Se non hai ningún contratempo, mañá pintaremos con témperas. Se alguén quere levar un mandilón ou roupa algo máis vella, estades avisados.
Imaxe extraída de https://plasticansc3.wordpress.com

venres, 27 de xaneiro de 2017

Los animales de dos en dos...



Esta ringleira de animais que apareceu hoxe pola clase, lembroume esta "pegadiza" melodía dun anuncio da televisión de xa fai uns cantos anos.



Pasade boa finde!

xoves, 26 de xaneiro de 2017

María

Esta é María: unha cadeliña moi rebuldeira da que nos falou hoxe Jordan na asemblea.

martes, 24 de xaneiro de 2017

Libros e máis libros

Un libro é unha porta aberta ao coñecemento, á diversión, á aventura, á liberdade... e por sorte temos moitos libros ao noso alcance: no colexio, nas bibliotecas... e tamén nas nosas casas. Moitos días son varios os libros que se acumulan para ensinar na asemblea, para ler na hora do conto. Cantas portas abertas!

luns, 23 de xaneiro de 2017

Falando de animais

Nesta mañá comezamos as exposicións orais sobre os nosos animais. Hoxe tocoulle a Noa Burgos. Isto marcha!

venres, 20 de xaneiro de 2017

E este que come?

Novo venres de traballo frenético. Este fermoso mural sobre os animais herbívoros, carnívoros e omnívoros xa campa no corredor para fachenda de todos nós. Boa fin de semana!

xoves, 19 de xaneiro de 2017

Cousas que non pasan de moda

Hai cousas que non pasan de moda, unha delas é a boa música. Seguro que moitos dos maiores da casa lembrades esta canción de María Elena Walsh, que aquí popularizou Rosa León. Pois hoxe -un feixe de anos despois- segue gustando. Mañá seguirémola aprendendo.

https://youtu.be/fQjL4ysFKNs

mércores, 18 de xaneiro de 2017

Calendario para as exposicións orais sobre un animal

Noa B. - 23.1.2017
Adriana - 24.1.2017
Kirian - 25.1.2017
Jordan - 26.1.2017
Gisela - 27.1.2017
Noa C. - 30.1.2017
Daniel D. - 31.1.2017
Anxo - 1.2.2017
Marco - 2.2.2017
Álex - 3.2.2017
Paula - 6.2.2017
Antón - 7.2.2017
Raúl - 8.2.2017
Noa L. - 9.2.2017
Lucas - 10.2.2017
Adrián - 13.2.2017
Chloé - 14.2.2017
Daniel O. - 15.2.2017
Xoel - 16.2.2017
Tomé - 17.2.2017
Nahia - 20.2.2017
Lúa - 21.2.2017

martes, 17 de xaneiro de 2017

Hoxe a cousa vai de animais mariños

Os peixes de Tania, Raúl e Lúa nadan no arrecife de coral de Jordan.

luns, 16 de xaneiro de 2017

Os animais do bosque

O libro dos Bolechas que trouxo Antón serviunos para achegarnos un pouco máis ao mundo dos animais, neste caso aos animais do bosque.
Seguro que xa todos coñecedes aos Bolechas, pero se aínda hai por aí algún despistado/a pode botar un ollada aquí.

venres, 13 de xaneiro de 2017

Outra animalada

Hoxe, do mesmo xeito que faremos nas vindeiras semanas, seguimos falando de animais; e rematamos o día recreando o hábitat dos animais que se desprazan pola terra (e teñen pelo), polo aire (e teñen plumas) e pola auga (e teñen escamas). Dixemos que habiamos pendurar no blog a imaxe do traballo que mellor quedara, pero como os seis grupos traballaron bastante ben, velaí van todos os debuxos:

Está é a proposta de Lúa, Jordan, Antón e Anxo.

Aquí, a idea de Paula, Álex, Lucas e Chloé.

Así o deseñaron Adriana, Samuel, Noa Cupeiro e Raúl.

Tres dimensións no hábitat de Adrián, Nahia, Gisela e Armando.

Estes son os animais de Pablo, Xoel, Noa Burgos e Daniel Díaz.

Estes, os de Kirian, Marco, Daniel Olugburu, Noa López e Tomé.
 
E estes, os tenis dun mestre de primaria despois dun venres de voráxine creativa coa plastilina  :-)
Pasade unha boa fin de semana, xogade, descansade, cantade, pintade... e lede un pouquiño cada día. Deica o luns!

xoves, 12 de xaneiro de 2017

Cantos animais

Moi ben o pasamos hoxe con este divertido disco que nos trouxo Lúa: Cantos animais, de Susa Herrera.
Unha das cancións que escoitamos foi esta: https://youtu.be/xMH1FNmuLDc

mércores, 11 de xaneiro de 2017

Os animais da granxa

O comezo do tema 6 permitiunos facer un pequeno xogo competitivo por equipos no que tiñamos que adiviñar a que animal correspondía cada un dos sons que se escoitaban.
Pasámolo ben, pero aínda nos queda moito que aprender sobre que nos xogos o principal é pasalo ben e aprender, non tanto gañar ou perder.

martes, 10 de xaneiro de 2017

Un trimestre de creatividade

Chegan hoxe ás casas uns libros moi especiais; que recollen tres meses de debuxos e algunha que outra ficha.

luns, 9 de xaneiro de 2017

Novos libros

Comezamos o segundo trimestre e estreamos libros novos.
Para lingua e as ciencias empregaremos o LIBRO DO FOGUETE,  antes usabamos o libro do robot.
Para lengua e matemáticas, o LIBRO DO TALADRO, antes, libro do helicóptero.

domingo, 8 de xaneiro de 2017

Cooooomezamos!

Xa tedes as mochilas preparadas? Mañá voltamos ao traballo. Lembrade que neste trimestre xa non traemos xoguetes ao cole. Desfrutade das horas de vacacións que nos quedan.