luns, 25 de setembro de 2017



     


                A MALETA VIAXEIRA


Quero presentarvos a maleta viaxeira, unha versión da mochila viaxeira pero con outros matices, os cales iremos perfilando co tempo e coas ideas dos alumnos.

O obxetivo da maleta é darnos a coñecer un pouco ao resto dos compañeiros/as. Para iso, poderemos introducir na maleta tres obxetos que nos identifiquen ou nos definan, sendo un deles un libro de lectura e os outros dous libres.
O do libro é importante porque despois imos a utilizalo para facer actividades co resto de compañeiros.

Hoxe tocume a min presentarme e contarlles cousas sobre min. Eu paseille o testigo a Gisela (premio polo seu bo compartamento de toda a semana pasada) que mañá traerá a maleta cargada de cousas que contarnos e que escoitaremos encantados!

Cando lles plantexei a idea da maleta, todos aceptaron de moi boa gana e propuxeron ideas: facerlle un cartel identificativo, introducir dentro un caderno para que cada un conte o que queira,...aspectos que teremos en conta e que iremos introducindo próximamente.

Tamén quería comentar que estou moi contenta con eles, son un grupo moi traballador, un pouco parlanchines, pero moi bos nenos. 

Recordarvos que miren as axendas todos os días para revisar se levan algún traballiño e que para calquer duda, aquí me tedes!

Un saúdo a todos. 






mércores, 13 de setembro de 2017


Un comezo de curso inesperado... 





Boas a todos, son Sandra, a titora dos vosos pequenos este trimestre. O título da publicación débese as circunstancias que me levaron a ser titora de 2ºB, xa que foi todo moi precipitado.

 O primeiro que quero facer e darlle as gracias a Álvaro por axudarme e deixarme seguir co seu traballo no blog. Moitas gracias!!

 En segundo lugar, explicar que afronto con moita ilusión este reto, xa que para min é a primeira vez que son titora e todo son novidades. Intentarei facelo o mellor que poda, por iso quero agradecer de antemán a vosa comprensión e colaboración.

A continuación, paso a contarvos un pouco o que estamos a facer na clase estes días:

- Estes primeiros días son días para coñecernos un pouco e comezar a coller o ritmo do horario escolar. Esta semana estamos a facer as avaliacións iniciais, para coñecer de onde partimos e en que punto se atopan os alumnos/as. Unha vez que estén rematadas xa poderei sacar algunha conclusión.


Por último, quero comentar que hoxe levan apuntada unha actividade na axenda ou no papel dentro da mochila. A actividade consiste en escibir unhas lineas e facer un debuxo do seu verán. Gustaríame que pouco a pouco se fosen acostumando a mirar a axenda todos os días para facerse responsables das tareas que leven para a casa. 


Nada máis de momento. Para calquer consulta non dudedes en poñervos en contacto conmigo. 
                
                                     Saudos!!!











venres, 1 de setembro de 2017

Somos segundo B

Xa vai un ano que comezamos con esta aventura: A aventura da educación primaria e a aventura de ir contando todo o que faciamos na aula a través deste blog.
Ben, pois hoxe xa vos podo confirmar que esta aventura continúa un curso máis. De todos os xeitos, eu non me incorporarei a ela ata o segundo trimestre; cando saiba quen me substitúe ata o mes de xaneiro xa volo farei saber. Un saúdo amiguiños/as!

Imaxe tomada de https://pixabay.com