luns, 18 de decembro de 2017


Maleta de Kirian, Xoel e Armando

                                                       MALETA DE KIRIAN
                                                   

           A pesares da súa timidez, Kirian trouxo unha maleta moi chula e explicou perfectamente todo o que nela traía.

          Por un lado, traía duas figuriñas de duas películas diferentes e que a él lle encantan: "Jack Skellington" protagonista da película "Pesadilla antes de Navidad" e a outra figura é "Darth Vader" da película "Stars Wars".
       
          O libro de Kirian era un libro moi interesante, daba respostas a multitude de preguntas de diversos ámbitos: animais, construccións, o ser humano, as civilizacións, xeografía,...  Kirian estivo a lernos un pouco sobre Exipto e as suas pirámides, resultou moi interesante!!!


                                           Gracias por esta maleta Kirian!!!



                                                           MALETA DE XOEL 
 
       
      Coa súa maleta Xoel trouxo a compañía de "Mono" o seu peluche favorito, parece ser que leva moito tempo con él e tenlle moito cariño. Mono portouse moi ben e estivo moi atento.

    Tamén trouxo unha figura dunha moto porque é un deporte que lle gusta moito.

                   O libro de Xoel era un dos libros de Gerónimo Stilton  que leva por título "Un disparatado viaje a Ratikistán" . Xoel leu en voz alta o resumo do libro e amosounos algunhas das súas páxinas. 

                                          Moitas gracias pola túa maleta Xoel!!!

           
                                                    MALETA DE ARMANDO 
   
 
            Coa maleta de Armando rematamos a aventura da nosa maleta viaxeira!!!

Armando traía na maleta un coche porque é un dos seus xoguetes preferidos xunto cos camións.

   O libro que nos leu Armando é un conto popular, moi coñecido por todos "Los tres cerditos y el lobo". Todos os compañeiros escoitaron moi atentos o conto porque Armando leu moi ben , con moito entusiasmo e interpretendo estupendamente.

                                          Gracias Armando pola túa maleta!!!

mércores, 13 de decembro de 2017


Maleta de Daniel Ulises e Noa Cupeiro:

                                                        MALETA DE DANIEL.U


                    Esta semana Daniel trouxo unha maleta moi divertida e interesante. Os tres obxetos eran: un boneco, un libro e un dente!!

       O boneco "Mister Músculos" que estira os seus músculos un montón e fíxolles moita gracia aos demais compañeiros.

O dente, non era un dente calquera senon que, era un dente de tiburón!! O cal data de hai 50 millóns de anos!!

Por último, o libro de Daniel " Guinness World Records 2017" resultou ser moi interesante e captou a atención de todos cos records que nel aparecían. Daniel leunos algúns deles e despois todos fixeron un debuxo do que máis lles gustou da maleta.

                                                       Gracias por esta xenial maleta!!!



                                                          MALETA DE NOA.C



            Despois tocoulle o turno a Noa Cupeiro. Con esta maleta descubrimos un pouco máis da personalidade de Noa.

Noa trouxo duas figuras de duas motos porque lle gustan moito as carreiras de motos. Amosou un amplo coñecemento sobre este deporte dándonos información sobre numerosos pilotos de distintas categorías.

O seu libro era un libro-puzzle sobre un conto ben coñecido por todos: "Blancanieves". Noa leunos con gusto o seu libro e amosounos os puzzles que traía.

O último obxeto era unha película moi propia destas fechas que se achegan: "Cuento de Navidad". A película quedou na aula para facer un  visionado conxunto nos vindeiros días, seguro a desfrutaremos moito!!

                                                     Moitas gracias pola maleta Noa!!!!

       

luns, 4 de decembro de 2017


10ª semana da maleta: Raúl e Álex

                                                          MALETA DE RAÚL


       
                O primeiro desta semana en levar a maleta foi Raúl. Durante estes días estivo máis atento por iso lle tocou levar  a maleta.

     A súa maleta viña cargada con tres obxetos bastante diferentes.
 O primeiro deles un osiño de peluche, o cal estivo a facernos compañía durante uns días.
   
          O segundo obxeto era un guante de Kumite, un deporte de combate que lle gusta practicar a Raúl no seu tempo libre. Fíxonos unha demostración na clase de como colocarse para defender e tamén dalgunhas habilidades  deste deporte.

Por último, o libro. Un libro que leva por título "Misión: descubrimos los colores" , un libro para mentes curiosas con ganas de descubrir, moi divertido cunha especie de lupa para buscar aquelo que indicaba en cada páxina. Raúl leunos un pouco do seu libro a toda a clase.

                                      Gracias pola túa maleta!!!


                                                        MALETA DE ÁLEX


Álex foi o segundo premiado da semana. Levou a maleta porque estivo moi caladiño e atento ao longo da semana.
     Dentro da maleta de Álex viñan dous bonequiños de peluche, ben coñecidos por todos e que nos fixeron bastante gracia.

O seu libro era un libro en forma de tebeo dunha serie de debuxos tamén moi coñecida por todos. Álex leunos a súa páxina preferida e despois eu volvín ler algunha páxina máis e a ensiñarlles o libro por dentro, xa que a temática do cole deste ano vai sobre o tebeo, así aprendemos un pouco máis sobre o tema!

                                            Gracias pola túa maleta Álex!