mércores, 8 de marzo de 2017

Imos de recollida!

Botamos a andar a seguinte actividade que desenvolveremos na asemblea, nas vindeiras semanas. Metémonos de cheo no traballo de campo, como auténticas investigadoras e investigadores e trataremos de atopar pequenas composicións literarias propias da tradición oral.
Será, ademais, unha fermosa ocasión para achegarnos aos nosos maiores e valorar as súas persoas, as súas vidas e as súas historias e consellos.
Hoxe van ás casas unhas notas na que se explica polo miúdo a actividade.

2 comentarios:

  1. LIBRO DO TALADRO: 96, 97, 98 e 99.
    LIBRO DO FOGUETE: 98, 99, 100 e 101.
    (Hoxe levan o LIBRO DO TALADRO).

    ResponderEliminar
  2. AVISO: Teño intención de secundar a folga xeral convocada para mañá en todos os niveis do Ensino Público. Os alumnos e alumnas que acudan ao centro, serán atendidos polo profesorado de garda.

    ResponderEliminar