mércores, 21 de decembro de 2016

Bo Nadal

Agora si: xa estamos de vacacións. Usade as vacacións para descansar, para xogar, para cantar, para bailar, para pasar tempo coa vosa familia... e tamén para ler. Se alguén quere traballar un pouco que repase o que xa sabedes: lectura, escritura, números ata o 19, sumas, restas, comparación de números, decenas e unidades... aínda que seguro que tedes cousas ben máis divertidas para facer no Nadal. Vós, que sodes os gardiáns/ás da Ilusión, disfrutade deste tempo e contaxiade a toda a xente de ledicia.


As notas son toda unha novidade deste ano e son o reflexo de todo o que fixo cada unha e cada un de vós dende as nove da maña ata ás dúas do mediodía en todos estes meses que estivemos xuntos. O profe non quitou nin regalou nada (ou iso tentou). Se tedes boas notas, noraboa, seguide así. E se non son tan boas, non vos desanimedes, pero pensade que algo non estades a facer ben e que hai que cambiar cousas: aínda temos moito curso por diante, non o deixedes para cando xa non haxa remedio.
Vémonos á volta!
Unha aperta do voso profe.
Por certo familias, vistes que xeitoso quedou a nosa árbore de Nadal?

5 comentarios:

  1. Hoxe non levan nigún libro. O primeiro día á volta das vacacións que traian os dous libros do segundo trimestre.

    ResponderEliminar
  2. Bo Nadal tamén ó profe, que ben o merece. A árbore moi xeitosa e orixinal.

    ResponderEliminar
  3. Disfrutar e ilusionar é posible grazas ao traballo de quen se converte en referente e Maestro no día a día. Boas vacacións para Álvaro e grazas pola entrega.

    ResponderEliminar
  4. Bo Nadal!!! Grazas por o ensino os nosos fillos!!!!

    ResponderEliminar
  5. Bo Nadal,é Feliz aninovo.A arbore moi chula,notase que o fixestes con ilusion

    ResponderEliminar