xoves, 1 de decembro de 2016

Conta atrás

Chega hoxe o mes de decembro, xa con frío, xa coa roupa de inverno no armario e comeza a arrecender a Nadal... tamén no cole: na aula de música xa soa algunha panxoliña, xa empezamos a descontar os días que faltan para as vacacións e hoxe na clase de plástica, co profe Alberto, estivemos argallando con estas fermosas postais. E así, como quen no quere a cousa, xa case levamos un trimestre xuntos.

1 comentario:

  1. LIBRETA DO HELICÓPTERO: Copia e debuxo.
    2 fichas de matemáticas (repaso de unidades e decenas).

    ResponderEliminar