luns, 7 de novembro de 2016

O xersei está triste

Porque ninguén o quere,
porque ninguén o reclama,
porque leva máis dun mes colgado
e ninguén chama por el,
porque por máis que Álvaro pregunta
ninguén o quere levar para casa.

Se coñecedes á súa dona, decídelle que a bota moito de menos.
Por sorte, hai un paraugas que lle fai compaña, que leva case tanto tempo na clase coma el (e que tamén chora pola súa propietaria).

4 comentarios:

  1. LIBRO DO ROBOT: 66, 67, 68 e 69.
    LIBRETA DO HELICÓPTERO: Copia e debuxo de "LETRA A LETRA" (Cartilla de lectura, páx. 28).
    (Hoxe levan o LIBRO DO HELICÓPTERO, podedes darlle un repaso ao tema 2. Algúns, tamén a libreta para rematar a copia).

    ResponderEliminar
  2. Familias, para evitármonos dramas coma o do pobre xersei ;-) lémbrade poñer o nome a chaquetas e chaquetóns, aínda que sexa con rotulador na etiqueta.

    ResponderEliminar
  3. Boas...o paraugas xa ten dona...un pouquiño despistada...jejeje...de quen si non, de Gisela...maña intentarei recordarlle que o traía para a casa...perdón

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar