venres, 4 de novembro de 2016

O sasafrán, o outono, un circuíto e a fin de semana

O outono -ademais das feras castañas cos seus ourizos, das doces laranxas ou das arrepiantes cabazas- tamén trae consigo as fermosas e delicadas flores do azafrán bravo (Crocus serotinus), planta da familia de esoutra que empregamos para colorear e aromatizar os nosos guisos e arroces.
Tomé trouxo hoxe á asemblea unhas cantas flores que recolleu onte nun paseo polo monte que deu coa súa familia, e explicounos que cada planta só ten uns poucos filamentos polo que farían falta decenas para a comida dun só día. Canto traballo!


Ademais hoxe xa puxemos a mesa de calco a máxima produción e fixemos un circuíto en Educación Física que nos gustou moito. E xa é venres e mañá non temos que vir ao cole. A descansar! (Lede un pouquiño cada día).

1 comentario:

  1. LIBRO DO HELICÓPTERO: 64, 65, 66 e 67.
    LIBRO DO ROBOT: 62, 63, 64 e 65.
    LIBRETA DO ROBOT: Lista de palabras con "c" e "q".
    (Hoxe levan o LIBRO DO ROBOT).

    ResponderEliminar