venres, 23 de xuño de 2017

Grazas

Chegamos á fin desta aventura. Foi para min unha honra e un pracer facer parte deste grupo. Aprendín moito ao voso lado, moitas grazas por isto.
O tempo ha pasar, e aínda que agora vos pareza que non, pouco a pouco habémonos ir esquecendo uns dos outros, é normal, non pasa nada. Pero agardo que algo de min quede en vós (como moito de vós levo eu en min), sen sabelo, cando tratedes con respecto aos demais, cando os escoitedes e respectedes, cando os valoredes polo que pensan, sinten e fan (non polo seu aspecto ou condición), etc. Isto é o máis importante que vos tentei aprender este curso, alén das linguas, as ciencias ou as matemáticas. Grazas a todas e cada unha de vosoutras, grazas a todos e cada un de vosoutros.
Teño intención de seguir colgando cousas no blog (vídeos que non me deu tempo a compartir, etc.) e cando saiba cara onde tira o meu camiño o vindeiro ano, tamén volo conto por aquí. E tamén me gustaría que este espazo seguise aberto á vosa participación.
Unha aperta, amigos/as.
Álvaro.

5 comentarios:

  1. Grazas a ti de parte de Tomé e toda a familia por toda a implicación e traballo, por ensinarnos que o ruido se combate con pelotas de tenis e outras tantas cousas. Por acompañarnos, con ánimo e comunicación, nesta viaxe q para alguns foi costosa. Deches moitas leccións que, para ben, quedarán fixadas no imaxinario das nosas crianzas. Fuche exemplo e modelo seguir ademais de mestre. Este blog é exemplo da vontade de facer ben as cousas. Non podemos repetir máis que GRAZAS!!!!

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias a ti por tu paciencia y generosidad al permitirnos participar en muchas de las actividades de nuestros hijos que nos hicieron recordar viejos tiempos, reírnos y disfrutar con ellos.Hasta pronto.Eva.

    ResponderEliminar
  3. Grazas Álvaro por todo o traballo e por implicarte tanto, polo blog, que nos acercache a actividades diarias dos nosos fillos, por ese ingenioso modo de ter silencio na clase, por todos os valores que lles inculcache e por tantas cousas que poderia seguir nomeando. Sen dúbida un anaco de ti queda con nos. Grazas e moita sorte na Nova etapa!!

    ResponderEliminar
  4. Grazas,por toda a tua implicacion e facerlles os nenos as clases mais amenas e divertidas,ala onde vayas moita sorte,un abrazo da nosa parte

    ResponderEliminar
  5. Alvaro, parabens polo traballo ben feito , non cambies o teu xeito de insinar. Grazas!!!
    So podo decir q o primeiro dia de clase Lua viña un poco triste, xa non tiña a sua profe de infantil...pero o ultimo dia de clase momtou no coche e votouse a chorar....eso di moito da tua labor como mestre e como persoa.
    SORTE

    ResponderEliminar