venres, 7 de abril de 2017

Superheroes (e superheroínas)

https://youtu.be/7NbafNRDmfU
Vai hoxe esta peza para vós, meus queridos superheroes, que tedes que lidiar coas normas deste mundo atravesado dos adultos.
Comezan hoxe as vacacións. Descansade. Recargade as pilas e voltade con ganas para afrontar o esprinte final.
Sobre as notas pouco máis teño que dicir, alén do que xa vos dixen na clase: Quen as ten boas, que siga así; e quen non as ten tan boas ou aínda lle falta mellorar un pouco máis, que siga traballando duro no terceiro trimestre.
Boa noite, amigas.
Boa noite, amigos.

1 comentario:

  1. Hoxe levan o LIBRO DO FOGUETE e o LIBRO DO TALADRO, que queden na casa, tamén levan outro "libro" con fichas e debuxos de todo o trimestre.
    É importante que lean un pouco cada día e se alguén quere facer algo máis pode repasar cousas do libro, rematar páxinas inacabadas, etc.
    Á volta das vacacións comezaremos cos novos libros.

    ResponderEliminar