venres, 24 de febreiro de 2017

Entroidooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo!

Esta mañá foi un pouco distinta ás habituais: a nosa aula converteuse nun obradoiro de caretas, no que recreamos estas máscaras da pintora surrealista galega Maruxa Mallo. Foi moito traballo e ocupou practicamente todas as sesións da mañá. A confección da máscara constaba de moitas tarefas, que fomos desenvolvendo con paciencia e dedicación. Ao final do día, marchamos moi contentos coas nosas máscaras de entroido. A pasalo bomba! Vémonos á volta!
(Os que ides gozar dos entroidos tradicionais da provincia de Ourense, lembrádevos de tirar algunha foto para ensinar á volta).







1 comentario:

  1. Hoxe non fixemos nada nos libros, non obstante levan os dous para repasar e corrixir exercicios xa feitos, facer algún que quedara sen facer ou repasar algunha das cousas que fomos estudando nestas últimas semanas (tipos de animais, partes das plantas, etc.).

    ResponderEliminar