Este é o recuncho na Rede das nenas e os nenos da aula de segundo B do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo.
luns, 27 de novembro de 2017
9ª SEMANA DA MALETA: NOA.L E PAULA
MALETA DE NOA LÓPEZ
Esta semana merecía a maleta Noa López. Noa levou a maleta e trouxoa de volta cargadiña cos seguintes obxetos:
O primeiro deles, un maillot de ximnasia rítmica, deporte que practica no seu tempo de ocio. Contounos que este que trouxo pertencía a unha coreografía de "Pocoyó", díxonos tamén que agora están a facer outra coreografía. Estamos seguros de que, ritmo non lle falta!!
Fíxome especial ilusión que Noa practicase este deporte, xa que foi o deporte que practiquei toda a vida e hoxe en día segue sendo a miña paixón!Espero que Noa o siga practicando por moitos anos!
Os outros dous obxetos eran dous libros, dous libros de Tea Stilton. O primeiro deles era "Carnaval en Venecia" do cal Noa nos leu un pouco para poñernos en situación. O segundo leva por título: "El jardín de Albastro", deste libro leunos os personaxes e as súas características.
No tempo de lectura, algúns compañeiros leron os libros de Noa. Despois todos fixeron un debuxo do que máis lles gustou da maleta.
Moitas gracias pola túa maleta Noa!!!
MALETA DE PAULA
A segunda premiada desta semana foi Paula. Merecía o premio pola súa cuidada e curiosa caligrafía e polo bo comportamento ao longo da semana.
A maleta de Paula trouxo un compañeiro novo a aula, o seu nome é "Tedi" e estivo facéndonos moi boa compañía e portándose xenial. Paula contounos que é un dos seus peluches preferidos.
Na maleta tamén quedou sitio para dous libros. O primeiro deles leva por título " Álex ayuda a hacer la cena", un libro curto pero moi resultón, que Paula nos leu e que lles gustou moito.
O segundo era un libro moi fermoso, cunhas imaxes espectaculares e incluso con algún son! Paula leunos algunha das súas páxinas. O libro leva por título "El cuento de Perico y la familia de Benjamín". Encantoulles o desplegable que trae nunha das súas páxinas! Todos fixeron un debuxo na libreta de lengua do que máis lles gustou da maleta.
Moitas gracias por esta maleta Paula!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario