6ª semana: maleta de Marco e Nahia
MALETA DE MARCO
Esta semana tocoulle o turno en primeiro lugar a Marco, pola súa boa evolución e por respetar sempre as normas da clase. Coa súa maleta Marco amosounos a todos que é un gran deportista e quedounos claro que o seu deporte preferido é o judo.
Marco fíxonos unha demostración do saúdo de judo, para a cal contou coa colaboración de Lúa.
Na súa maleta traía un cinturón de color amarelo-laranxa pero explicounos que ese xa é antigo e agora está nun nivel superior.
Tamén nos trouxo unha revista con artigos e entrevistas relacionadas con este deporte e na cal saía algunha adestradora do seu clube.
Por último, leunos un pouco do seu libro, un libro sobre o judo, no que nos explicaba quen foi o creador deste deporte (Jigoro Cano) e cales son os valores que se pretenden transmitir con este deporte.
Gracias por esta maleta Marco!!!
MALETA DE NAHIA
Despois de Marco veu o turno de Nahia. É unha nena traballadora, dulce, caladiña e alegre.
A súa maleta foi moi divertida. O primeiro obxeto era un peluche grandote, moi bonito e que a todos chamou a atención, incluso as outras mestras.
O segundo obxeto da súa maleta era un CD de música dunha das súas cantantes preferidas, o cal utilizamos na clase de Educación Física para facer o xogo das "estatuas musicais" e o do "espello", neste último Nahia amosounos o boa bailarina que é.
O libro da súa maleta tiña un encanto especial, foi un libro que lle regalaron cando se enterou de que ía ter unha irmá. Nahia leunos o libro con moita dulzura e todos a felicitaron polo entusiasmo que lle puxo a lectura. Destacar que foi un conto que lles gustou moito e que escoitaron con moita atención.
Moitas gracias Nahia pola túa maleta!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario