MALETA DE LUCAS
Esta semana tocoulle o turno a Lucas, xa que tivo moi bo comportamento! A maleta de Lucas foi moi divertida, os recortables de figuras déronnos moito xogo e gustáronlles moito e a maoría quixo copiar as figuras.
Lucas leunos o libro: "Lo que nos gusta viajar por aire, por tierra o mar" e tamén o resumo do libro de Gerónimo Stilton: "Veinte mil leguas de viaje submarino". Os compañeiros escoitaron entusiasmados con atención e despois fixeron un debuxo na libreta do que máis lles gustou da maleta.
A seguir así Lucas, moitas gracias!!!
MALETA DE CHLOE
Chloe tiña moi merecido o de levar a maleta, e por fin...tocoulle! Chloe é unha nena moi doce, moi caladiña e traballadora. A súa maleta é un reflexo da súa personalidade.
O primeiro obxeto que traía na súa maleta era un peluche, xa que lle gustan moito tanto os peluches como os animais.
O segundo obxeto era unha pequena caixiña de música, a cal lles entusiasmou e captou a súa atención. Reproducimos o seu son varias veces.
O último obxeto, o libro, sinxelo pero moi significativo e cunha mensaxe que lles fixo pensar...
O seu título é "¡Me gusta ser pequeño! Chloe leunos o libro a todos e despois reflexionamos sobre o seu contido.
Moitas gracias pola túa maleta Chloe!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario