8ª semana da maleta: Tomé e Adriana
MALETA DE TOMÉ
Pola súa boa evolución, esta semana tocoulle levar a maleta en primeiro lugar a Tomé.
De todos é sabido o gusto de Tomé polos animais e a natureza, polo tanto a súa maleta tiña que ser un reflexo diso, e así foi!
O primeiro obxeto é un cachiño de madeira no cal tallou o seu nome, aínda que na foto non se aprecia con moita claridade o ben que o fixo.
O segundo obxeto é un animal dentro de un anaco de metacrilato, concretamente un escaravello, o cal lles chamou moito a tención e Tomé encargouse de explicarnos algúns detalles de dito animal.
Por último, o libro que trouxo leva por título "Atlas del espacio", un libro que nos daba datos moi curiosos sobre o espacio: estrelas, planetas,... temas que a estas edades lles apaixoan a todos!
Moitas gracias por esta maleta Tomé!!!
MALETA DE ADRIANA
Adriana recibeu con moito entusiasmo e moita ledicia a maleta. Con ese mesmo entusiasmo e esa mesma ledicia explicounos os obxetos que nela traía.
O primeiro obxeto era "Cuqui", un peluche ao que Adriana lle ten moito cariño e o cal nos fixo compañía durante dous días.
Os outros dous obxetos eran dous libros, dous libros da mesma colección, o número 1 e o número 3. Os libros pertencen a colección "Princesas Dragón". Adriana leunos un pouco de cada un e contounos que lle encantaría conseguir o número 2, xa que de momento non puido conseguilo porque estaba agotado. Notábase que lle encantan estes libros!Estamos agardando que consigas ese que che falta e que o traigas para amosalo!
Gracias por contaxiarnos a túa ledicia polas pequenas cousas, gracias por esta maleta!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario