luns, 4 de decembro de 2017


10ª semana da maleta: Raúl e Álex

                                                          MALETA DE RAÚL


       
                O primeiro desta semana en levar a maleta foi Raúl. Durante estes días estivo máis atento por iso lle tocou levar  a maleta.

     A súa maleta viña cargada con tres obxetos bastante diferentes.
 O primeiro deles un osiño de peluche, o cal estivo a facernos compañía durante uns días.
   
          O segundo obxeto era un guante de Kumite, un deporte de combate que lle gusta practicar a Raúl no seu tempo libre. Fíxonos unha demostración na clase de como colocarse para defender e tamén dalgunhas habilidades  deste deporte.

Por último, o libro. Un libro que leva por título "Misión: descubrimos los colores" , un libro para mentes curiosas con ganas de descubrir, moi divertido cunha especie de lupa para buscar aquelo que indicaba en cada páxina. Raúl leunos un pouco do seu libro a toda a clase.

                                      Gracias pola túa maleta!!!


                                                        MALETA DE ÁLEX


Álex foi o segundo premiado da semana. Levou a maleta porque estivo moi caladiño e atento ao longo da semana.
     Dentro da maleta de Álex viñan dous bonequiños de peluche, ben coñecidos por todos e que nos fixeron bastante gracia.

O seu libro era un libro en forma de tebeo dunha serie de debuxos tamén moi coñecida por todos. Álex leunos a súa páxina preferida e despois eu volvín ler algunha páxina máis e a ensiñarlles o libro por dentro, xa que a temática do cole deste ano vai sobre o tebeo, así aprendemos un pouco máis sobre o tema!

                                            Gracias pola túa maleta Álex!

Ningún comentario:

Publicar un comentario