venres, 19 de maio de 2017

Exitazo

Despois da tolería dos últimos ensaios e dos nervios previos, agora xa podemos dicir que a nosa actuación de hoxe foi todo un éxito: saiunos moi ben e gustou moito ao resto de compañeiros do cole.
Ademais, gozamos moito coas outras pezas deste Festival das Letras Galegas deste ano. Para rematar o día, recreamos con plastilina algún dos contos que hoxe foron representados.
E lembrade que días das Letras son todos, non só un no ano: vivan as nosas Letras!
Pasade unha boa fin de semana. Vémonos o luns.
Carrapuchiña vermella

Pedro e o lobo

Os tres porquiños

Lolo anda en bicicleta

1 comentario:

  1. LIBRO DO ACUARIO: 70, 71, 74 e 75.
    (Hoxe levan o LIBRO DO ACUARIO. Se a alguén aínda se lle atragantan as sumas con levadas, que repase estes días).

    ResponderEliminar