Despois de todo, a espera valeu a pena. Sete fermosos pitiños agardaban hoxe por nós ao chegar ao colexio, durante a mañá naceu outro e cando eu saín do cole xa había nove.
O acontecemento foi tal que recibimos múltiples visitas de nenas e nenos doutras clases e mesmo de mestras.
Para acollelos como é debido e que estivesen a gustiño fixemos uns bonitos carteis.
Como bos xornalistas que xa sodes sabedes que "a actualidade manda" pero non debemos esquecer que onte xa empezamos a compartir as nosas entrevistas: Noa Burgos fixo unha entrevista internacional a unha muller chamada Bea, que vive en París e hoxe Adriana presentounos a entrevista que lle fixo á súa nai.
Este é o recuncho na Rede das nenas e os nenos da aula de segundo B do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo.
mércores, 24 de maio de 2017
Benvidos, pitiños!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
LIBRO DO ACUARIO: 82, 83, 84, 85, 86 e 87.
ResponderEliminarLIBRO DO COCHE: 74 e 75.
LIBRETA DO COCHE: Copia (ditado da páxina 74).
Debuxo "Benvidos pitiños".
(Hoxe levan o LIBRO e a LIBRETA DO COCHE e quen non rematou leva tamén o debuxo).