xoves, 4 de maio de 2017

Enviamos unha postal

A vindeira semana realizaremos unha actividade para o desenvolvemento da expresión escrita e a posta en valor da súa importancia, consistente no envío dunha postal. Por este motivo necesitamos que antes do martes da semana que vén (9.5.2017), todos os nenos e nenas traian á clase a dirección completa dun familiar ou amigo ao que poder enviar unha postal e un selo para tal fin.

1 comentario:

  1. LIBRO DO COCHE: 28, 29, 32, 33, 36 e 37.
    LIBRO DO ACUARIO: 38, 39, 46 e 47.
    (Hoxe levan o LIBRO DO ACUARIO).

    ResponderEliminar