luns, 23 de outubro de 2017

4ª Semana: Maleta de Pablo e de Samuel.

                                                         MALETA DE PABLO


Esta semana tocoulle o turno a Pablo, decir que podería levar a maleta todas as semanas, ten un comportamento exemplar!

       Coa súa maleta Pablo quixo mostrarnos o seu libro favorito, un libro de animais, cunhas ilustracións preciosas e moitos detalles de numerosos animais. Tamén meteu dentro da maleta un dinosaurio, xa que lle gusta moito xogar con él.
      Por último, amosounos un debuxo que fixo na casa e que quería compartir con todos nós.
Segue así Pablo! Moitas gracias!!!


                                                          MALETA DE SAMUEL


O segundo elexido da semana foi Samuel, xa que esta semana se esforzou moito e mellorou o seu comportamento notablemente.

      Samuel trouxo dentro da maleta ao seu superheroe preferido: "O Capitán América" e contounos que xoga moito con él. Tamén trouxo outros xoguetes: os seus pequenos coches, cos que gana moitas carreiras!
      O libro que trouxo Samuel conta unha historia que case todos coñecían (porque viron a película). Con todo e con iso, todos escoitaron abraiados as anécdotas das formigas e dos saltamontes. Gracias pola túa maleta Samuel!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario