MALETA DE ANTÓN
De xeito máis que merecido Antón levaba a maleta para traela de volta con tres cousas ben interesantes. O conto de Mario gustoulles moito, é un libro especial en forma de tebeo manga. Antón disfrutou contándonos ao resto da clase algún dos seus capítulos favoritos do libro.
O 2º obxeto eran unhas castañolas que veñen de moi lonxe, de Marruecos! Antón fíxonos unha demostración de como soan e contounos que lle deron as castañolas nun viaxe que fixo a ese país.
O último obxeto foi o que máis lles gustou. É un trofeo que gañou nun concurso de debuxo, demostrando así o que xa sabíamos... que é todo un artista! Gracias Antón!!!
MALETA DE NOA BURGOS
Despois tocoulle o turno a Noa Burgos, tamén moi merecido! Noa trouxo unha camiseta do seu clube de voleibol, amosando que é toda unha deportista. Explicounos a todos os diferentes saques e golpeos de voleibol.
Tamén meteu na maleta duas bonecas coas que lle gusta moito xogar.
Por último, o libro que trouxo pareceunos moi interesante. Trae unhas ilustracións moi chulas do espacio, dos planetas, dos satélites,...Noa leu algunhas páxinas e todos escoitaban con atención e entusiasmo!Así da gusto aprender! Moitas gracias Noa.B!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario