Este é o recuncho na Rede das nenas e os nenos da aula de segundo B do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo.
venres, 24 de febreiro de 2017
Entroidooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo!
(Os que ides gozar dos entroidos tradicionais da provincia de Ourense, lembrádevos de tirar algunha foto para ensinar á volta).
xoves, 23 de febreiro de 2017
mércores, 22 de febreiro de 2017
Seguimos coas oveeeeeeeeeeeeeeeellas...
https://semprengalego.blogspot.com.es/2017/02/miudoparladoiro11.html
martes, 21 de febreiro de 2017
luns, 20 de febreiro de 2017
Cans e gatos
Hoxe tocoulle a quenda a Nahia, que nos falou dos cans dos seus avós, grandes cazadores da raza beagle. Tamén, nestes últimos días estámonos a divertir moito co libro de Manuel María O bigote do Mimí, que trouxo Noa López.
venres, 17 de febreiro de 2017
Sementeira
| Primeiro, Álvaro fixo un burato nos vasos; para que as plantas poidan desbotar a auga que lles sobre. |
| Despois, enchemos ben de terra. |
| Logo, puxemos a semente. |
| Regamos. |
xoves, 16 de febreiro de 2017
Lola e Messi
Para ver o vídeo, pulsade aquí.
mércores, 15 de febreiro de 2017
martes, 14 de febreiro de 2017
Un can con nome de gato e un mosteiro
A asemblea de hoxe foi moi produtiva. Chloé falounos do can duns amigos seus, Micifuz, e Noa Burgos do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, ao que vai moitas veces; xa que parte da súa familia vive moi perto de alí.
luns, 13 de febreiro de 2017
venres, 10 de febreiro de 2017
Como cambiou o conto!
Boa finde!
xoves, 9 de febreiro de 2017
#miúdoparladoiro7
mércores, 8 de febreiro de 2017
Non me "chinches"
Ese coitado bechiño que vedes na foto é unha Pyrrhocoris apterus ou chinche vermella que Tomé trouxo hoxe á clase. Pero non vos preocupedes: esta non se alimenta de sangue humano, como a súa incómoda parente Cimex lectularius, senón do zume de certas plantas. Todo isto aprendémolo grazas ao que nos contou Tomé e a un libro moi guai que nos amosou.
martes, 7 de febreiro de 2017
A "dura" vida do estudante
| Velaquí, o esquema de Noa Cupeiro. |
luns, 6 de febreiro de 2017
Razas autóctonas de Galicia (II)
Aí vai o vídeo sobre as nosas razas animais autóctonas, que vimos o pasado venres. Por se alguén o quere ver de novo.
https://youtu.be/-NJz8O8XWqY
venres, 3 de febreiro de 2017
Razas autóctonas de Galicia
Despois do recreo tivemos a sorte de asistir a unha charla sobre as nosas razas autóctonas. Charla na que Diego, un veterinario, nos contou moitas cousas sobre as vacas limiá, candelá, chachena e frieiresa; o porco celta; a galiña de Mos; a ovella e cabra galegas; o can de palleiro ou o cabalo de pura raza galega.
Aprendemos moitas cousas e déronnos un calendario moi chulo. Despois fixemos un debuxo do animal que máis nos chamara a atención. Aquí tedes unha mostra dos que mellor quedaron.
xoves, 2 de febreiro de 2017
Falando de animais (III)
Na exposición desta mañá non nos falaron nin de cans, nin de gatos... Marco amousounos unha foto dunha boa constrictor! e tamén un cadro no que había parte da súa pel.
Ademais hoxe estreamos moqueta nova.
mércores, 1 de febreiro de 2017
Falando de animais (II)
Mirade, por exemplo, o bonito mural que elaborou Noa Cupeiro sobre "os seus amigos" ou a fermosa exposición que fixo Gisela: https://semprengalego.blogspot.com.es/2017/01/miudoparladoiro6.html
martes, 31 de xaneiro de 2017
Que todos os días sexan Día da Paz
Esta mañá puxemos fin ás conmemoracións do Día da Paz, montando un mural coas nosas obras de arte, con esta fermosa canción de Luis Guitarra e cun poemiña da inmortal Gloria Fuertes, a "poeta dos nenos".
| "Derrochando" arte... |
luns, 30 de xaneiro de 2017
Marchando unha de paz, fauvismo e moita tempera
Na aula de primeiro b falamos sobre a paz e tentamos reproducir a obra por medio de dúas técnicas pictóricas que nos gustaron moito: o estarcido e o estampado, que acompañamos dunha pequena dose de picar, cortar e pegar.
| Esta é a obra rematada de Xoel. |

