mércores, 13 de decembro de 2017


Maleta de Daniel Ulises e Noa Cupeiro:

                                                        MALETA DE DANIEL.U


                    Esta semana Daniel trouxo unha maleta moi divertida e interesante. Os tres obxetos eran: un boneco, un libro e un dente!!

       O boneco "Mister Músculos" que estira os seus músculos un montón e fíxolles moita gracia aos demais compañeiros.

O dente, non era un dente calquera senon que, era un dente de tiburón!! O cal data de hai 50 millóns de anos!!

Por último, o libro de Daniel " Guinness World Records 2017" resultou ser moi interesante e captou a atención de todos cos records que nel aparecían. Daniel leunos algúns deles e despois todos fixeron un debuxo do que máis lles gustou da maleta.

                                                       Gracias por esta xenial maleta!!!



                                                          MALETA DE NOA.C



            Despois tocoulle o turno a Noa Cupeiro. Con esta maleta descubrimos un pouco máis da personalidade de Noa.

Noa trouxo duas figuras de duas motos porque lle gustan moito as carreiras de motos. Amosou un amplo coñecemento sobre este deporte dándonos información sobre numerosos pilotos de distintas categorías.

O seu libro era un libro-puzzle sobre un conto ben coñecido por todos: "Blancanieves". Noa leunos con gusto o seu libro e amosounos os puzzles que traía.

O último obxeto era unha película moi propia destas fechas que se achegan: "Cuento de Navidad". A película quedou na aula para facer un  visionado conxunto nos vindeiros días, seguro a desfrutaremos moito!!

                                                     Moitas gracias pola maleta Noa!!!!

       

Ningún comentario:

Publicar un comentario