mércores, 15 de novembro de 2017

7ª semana da maleta: Adrián e Anxo


                                                         MALETA DE ADRIÁN



Esta semana o primeiro en traer a maleta cargadiña foi Adrián. Na súa maleta tiña sitio para un peluche que lle gusta moito e que todos os demais recoñeceron inmediatamente.

   O libro da maleta de Adrián era un libro sobre uns personaxes de debuxos moi coñecidos por todos, incluso algúns compañeiros compartían o gusto por este libro. Adrián leunos as súas páxinas preferidas.

O último obxeto era unha camiseta moi significativa. Unha camiseta co nome do seu clube de natación. Este obxeto despertou a curiosidade dos compañeiros que comezaron a facerlle preguntas sobre este deporte: cantos días entrenaba, cantos estilos de natación practicaba, cantas horas,... Persoalmente encántame que practiquen deporte no tempo libre e animoos a encontar o deporte que lles guste e a practicalo por moitos anos!

                                              Gracias por esta maleta Adrián!!!


                                                             MALETA DE ANXO


                    No segundo turno da semana tocoulle levar a maleta a Anxo. A maleta de Anxo foi concedida por petición dos seus compañeiros, que consideraron que ese día Anxo se esforzara na lectura estando moi atento. Este acto de compañerismo emocionoume e aceptei encantada a súa petición.

           Os tres obxetos de Anxo eran: unha vela, un xoguete e un libro.

 Unha vela en forma de palloza, a cal lles chamou moito a atención. O xoguete era un cocheciño cun boneco que a él lle gusta moito.
Por último, o libro que leva por título "Yo me pregunto..." do cal Anxo nos leu algunhas páxinas e co que despertou a nosa curiosidade.

                                  Moitas gracias Anxo!!!

   
               

Ningún comentario:

Publicar un comentario