Este é o recuncho na Rede das nenas e os nenos da aula de segundo B do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo.
luns, 2 de outubro de 2017
A MALETA DE GISELA E DE DANIEL.O:
A semana pasada, última semana de setembro, Gisela e Daniel.O trouxeron a súa maleta repleta de cousas que contar.
GISELA
Gisela foi a primeira en traer a maleta cargada. Deixounos a todos abraiados coas cousas que trouxo e con todo o que nos contou. Descubrimos que é toda unha artista, que pinta cadros moi fermosos e que practica baile clásico. Tamén trouxo un libro que nos encantou a todos, que nos falaba das emocións "El monstruo de colores". Moitas gracias Gisela!!!!
DANIEL.O
Daniel.O estaba ansioso por levar a maleta e traer os seus tres obxetos. Cando lle dixen que era o seguinte en levar a maleta, a súa cara reflexaba unha gran ledicia! Un xesto que me emocionou personalmente foi que todos felicitaron a Daniel e de forma espontánea comezaron a aplaudirlle. Daniel trouxo o seu robot favorito co que lle gusta moito xogar e dous libros con personaxes moi coñecidos que lemos en voz alta na clase. Moitas gracias Daniel!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario