venres, 13 de xaneiro de 2017

Outra animalada

Hoxe, do mesmo xeito que faremos nas vindeiras semanas, seguimos falando de animais; e rematamos o día recreando o hábitat dos animais que se desprazan pola terra (e teñen pelo), polo aire (e teñen plumas) e pola auga (e teñen escamas). Dixemos que habiamos pendurar no blog a imaxe do traballo que mellor quedara, pero como os seis grupos traballaron bastante ben, velaí van todos os debuxos:

Está é a proposta de Lúa, Jordan, Antón e Anxo.

Aquí, a idea de Paula, Álex, Lucas e Chloé.

Así o deseñaron Adriana, Samuel, Noa Cupeiro e Raúl.

Tres dimensións no hábitat de Adrián, Nahia, Gisela e Armando.

Estes son os animais de Pablo, Xoel, Noa Burgos e Daniel Díaz.

Estes, os de Kirian, Marco, Daniel Olugburu, Noa López e Tomé.
 
E estes, os tenis dun mestre de primaria despois dun venres de voráxine creativa coa plastilina  :-)
Pasade unha boa fin de semana, xogade, descansade, cantade, pintade... e lede un pouquiño cada día. Deica o luns!

1 comentario:

  1. LIBRO DO TALADRO: 9, 10 e 11.
    LIBRO DO FOGUETE: 10 e 11.
    A quen lle deu tempo, tamén fixo dous exercicios no CADERNO DO TALADRO: Sumas (8+8, 9+8, 5+9, 8+1, 3+3, 4+4, 5+5, 1+1) e Serie con debuxos (Sol-Árbore-Lúa... e Cadrado vermello-Triángulo laranxa-Círculo azul...).
    (Hoxe levan o LIBRO DO FOGUETE).

    ResponderEliminar