luns, 5 de decembro de 2016

I Premios de panxoliñas da aula de primeiro B

Hoxe, co gallo da lámina coa que empeza o tema 5 do libro do robot, escollemos a panxoliña favorita da nosa clase. Primeiro escoitamos todas as pezas candidatas, que previamente seleccionara o profe, e despois, votamos. A gañadora foi o Nadal de Luíntra, nesta fermosa versión de Berrogüetto, na voz de Guadi Galego.


As outras candidatas tamén eran moi boas:



O de hoxe foi unha desculpa coma outra calquera para achegarnos, crenzas de cada un aparte, a unha parte fermosísima e bastísima da nosa música tradicional: os cantos de Nadal (panxoliñas, vilancicos, cantos de Reis, aguinaldos, xaneiras, etc.), non sempre coñecidos e valorados na súa xusta medida.
E lembrade que cando vos canten os reises habedes de dar un bo aguinaldo, non vos vaian a cantar aquilo de:
Somos os reises do quiquiriquí,
vamos a ver que non botan aquí.
Somos os reises do cacaracá,
vamos a ver que nos botan alá.
Somos os reises do quiquiriquí,
se non nos dan nada, marchamos d´aquí.
Somos os reises do quiquiriquí,
se non nos dan nada, cagámoslle aquí.

1 comentario:

  1. LIBRO DO HELICÓPTERO: 124, 125, 126 e 127.
    LIBRETA DO HELICÓPTERO: Copia* e debuxo
    (Hoxe levan o LIBRO DO ROBOT e, excepcionalmente, todos teñen unha páxiña para facer na casa: a 111.
    * Ayer Yolanda leyó la leyenda de los Reyes Magos.

    ResponderEliminar