venres, 2 de decembro de 2016

Cousas dos venres

As últimas horas dos venres son duras: a fin de semana está a piques de chegar, o traballo de cinco días seguidos xa pesa, estamos cansas, nerviosos... e o profe ten que levantar o pé do acelerador. Entón a creatividade dispárase: unha actividade frenética de debuxos, tesoiras, pegamentos... toma a aula e ás veces xorden cousas coma esta.
Os dous intrépidos (aos que vou respectar o segredo da súa identidade) dixeron ser superheroes. Xa lles dixen que a min parecer, parecíanme a Santa Compaña. :-) Esta xente miúda dáme a vida! Boa finde!

1 comentario:

  1. LIBRO DO HELICÓPTERO: 122 e 123.
    2 Fichas de repaso de mates.
    LIBRO DO ROBOT: 112, 113, 114 e 115.
    (Hoxe levan o LIBRO DO HELICÓPTERO).
    Era boa cousa que lle deran un repasiño aos números do 0 ao 20: como se len, como se escriben (letra e número), etc. Aínda que vaiamos a seguir mallando neles nas vindeiras semanas.

    ResponderEliminar