mércores, 26 de outubro de 2016

Hai alguén aí?

Estaría ben que isto deixase de ser un simple monólogo para convertirse nun "biólogo"...
[Para os maiores, se non sabedes de onde vén o chiste, recoméndovos aos fantásticos Les LuthiersAs persoas miúdas da casa teredes que agardar uns anos para podelos entender.]

Gustaríame convidarvos a que comentedes o que queirades nas entradas do blog (as vosas impresións, gustos, críticas, suxestións...), tantos aos adultos como aos máis pequenos. E deste xeito enriquecer este (o noso) recuncho na Rede.

4 comentarios:

  1. LIBRETA DO HELICÓPTERO: "El número 10"
    LIBRO DO HELICÓPTERO: 46 e 47.
    LIBRO DO ROBOT: 48 e 49.
    (Hoxe levan o LIBRO DO HELICÓPTERO)

    ResponderEliminar
  2. Hola,son a nai de Noa Burgos,como alguen ten que empezar,hoxe fago eu,xa que vexo que falas moito de libros,gustariame que me/ nos recomendaras un libro en galego pa leer pos nenos

    ResponderEliminar
  3. Ademais dalgún que xa teño comentado, como os marabillosos "Soños na gaiola" de Manuel María; vénseme agora á cabeza "A vaca que puxo un ovo" (http://www.patasdepeixe.com/gl/libro/a-vaca-que-puxo-un-ovo/). As editoriais Kalandraka (http://www.kalandraka.com/ga/libros-por-idade/) e OQO (http://www.oqo.es/editora/gl) tamén teñen libros moi chulos, aínda que non sempre baratos.
    E dende logo, tendo tempo, non deixaría de pasar pola zona infantil e xuvenil da Biblioteca Municipal (http://bibliotecas.xunta.gal/lugo/gl/infantil-e-xuvenil): o servizo de préstamo é totalmente gratuíto, o catálogo de libros é amplo e ademais programan actividades moi interesantes.

    ResponderEliminar
  4. Olaaaa, estamos aquí!todos caladiños!pois A vaca que puxo un ovo foi durante moito tempo o conto favorito de Antón. Marabillosa a vaca Margiore!Eu tamén vou recomendar lecturas en galego...a que sabe a lúa?, a toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza,a zebra Camila, quen lle ten medo á Carapuchiña Vermella....

    ResponderEliminar