As nosas mochilas foron hoxe para a casa con máis peso do que viñeron pola mañá. A profe Angeles levounos á Biblioteca do colexio, onde puidemos escoller un libro para ler nas nosas casas. É un luxo poder gozar dunha biblioteca chea de libros, como a que temos no colexio, pero tamén unha responsabilidade: hai que
ser moi coidadosos con eles, lelos con agarimo e traelos de volta o día indicado.
En principio,
colleremos e devolveremos os libros os martes.
Así mesmo, non podo deixar de invitarvos a experimentar con outras bibliotecas que temos na cidade, como a Biblioteca Pública de Lugo (para saber máis pica
aquí ou
aquí). Cada libro, unha aventura!
|
Imaxe tomada de http://lectudm.weebly.com/ |
Como o vindeiro martes é festivo, nesta primeira ocasión os libros deberán ser devoltos o mércores 2 de novembro.
ResponderEliminar