luns, 21 de agosto de 2017

O tempo pasa...

... imparable, sen pedir permiso. Vós, a piques de comezar segundo e os nosos pitiños, xa non son tal.

sábado, 5 de agosto de 2017

Aviso

Ola amigos/as! Boas novas: en contra de todo prognóstico, o vindeiro ano seguirei polo Menéndez. Aínda non sei cal será o meu posto (titor, mestre de E.F. ...) pero vernos, habémonos de ver. Boa noite.

martes, 1 de agosto de 2017

Entrevista a un judoka - Marco

Lembrades cando nos metimos no pelexo de intrépidos xornalistas e andamos á procura dunha entrevista. Empezamos hoxe coa última serie de vídeos que tiñamos pendentes de publicar. Agardo que vos gusten e traian moitas lembranzas.