Hoxe con dúas entrevistas, curiosamente relacionadas: a de Anxo, á súa nai, falando sobre un incendio ocorrido xa fai moitos anos nunha das colmeas do seu avó; e a de Noa Cupeiro, a un amigo da familia que é bombeiro. E todo isto no día no que nos decatamos de que remataremos as clases o día do Lume Novo, das fogueiras de San Xoán. Pouco queda xa! Arrincamos o último mes de curso.
Extraída de https://c1.staticflickr.com/1/35/70994179_dcdafa713b_b.jpg |
LIBRO DO ACUARIO: 96, 97, 98 e 99.
ResponderEliminarLIBRO DO COCHE: 82 e 83.
(Hoxe levan o LIBRO DO COCHE).
O luns e o martes:
ResponderEliminarLIBRO DO ACUARIO: 94 e 95.
lIBRO DO COCHE: 88, 89 e 90.
AVISO 1:
ResponderEliminarMañá gravaremos unha parte do LIPDUB que estamos a preparar para finalizar o proxecto da biblioteca deste ano (Impresionámonos cos impresionistas). Para isto cumpría que mañá todos viñeramos vestidos cun pantalón vaqueiro ou similar e unha camiseta, xersei ou suadoiro de cor azul mariño. Se non tedes exactamente esa cor, traede algo parecido: aproveitade o que teñades na casa!
AVISO 2:
ResponderEliminarSodes moitos e moitas os que estades a traer entrevistas gravadas en audio ou vídeo; cando teña tempo gustaríame ir subindo algúnhas delas ao blog (ademais, dalgún vídeo que teño pendente de actividades anteriores) pero non me dá o día para escribirvos a todos nas axendas para comunicar a miña intención de colgar na Rede cada vídeo. Así as cousas, imos facelo ao revés, se alguén non quere que se suba algunha gravación ao blog, que mo faga saber a través da axenda do seu fillo ou filla, por favor. Aínda que non o pareza, isto afórrame moito traballo. Grazas.
*algunhas
Eliminar