luns, 8 de maio de 2017

Un novo luns

Mirade que cantiga de berce tan fermosa trouxo hoxe Tania á asemblea, díxonos -ademais- que había de aprendela para cantarlla á súa irmá pequena.

Despois do recreo escollimos o conto que leremos entre todos para conmemorar o Día das Letras Galegas deste ano, adicado a Carlos Casares. As posibilidades eran: A galiña azul, Lolo anda en bicicleta, O peixe da fonte do xardín e a bomba da felicidade e A formiga esquiadora. Despois de dúas voltas, o pobo soberano falou e o escollido foi: Lolo anda en bicicleta!

2 comentarios:

  1. LIBRO DO ACUARIO: 44, 45, 48 e 49.
    LIBRO DO COCHE: 40, 41, 42 e 43.
    (Hoxe levan á casa o LIBRO DO COCHE).

    ResponderEliminar
  2. Esta semana comezaremos coas sumas levando, se alguén aínda ten problemas coas sumas sen levar que se aplique nestes días.
    Tamén cómpre que, quen todavía non o trouxo, traia un selo e a dirección dun amigo ou familiar ao que escribir unha postal.

    ResponderEliminar