No día de hoxe vimos pecharse un ciclo da natureza e abrirse outro. A primeiras horas da mañá comprobamos como a nosa planta de xudía xa está a dar froito e como ese froito contén as sementes que nos servirían para voltar a reproducir as nosas plantas no vindeiro ano.
E -despois do recreo- tivemos unha visita moi especial, Diego -un veterinario da Federación de razas autóctonas de Galicia- veu á clase cargado de sorpresas. Traía uns ovos de Galiña de Mos, abriu un deles e explicounos para servía cada unha das súas partes (á parte de para comer!); e tamén trouxo unha incubadora, que recrea o que fan as galiñas cando chocan os seus ovos; alí quedou instalada, devecemos porque pasen os vinteún días que nos dixo, para ver se nace algún pitiño. Seguiremos informando.
LIBRO DO ACUARIO: 30 e 31.
ResponderEliminarLIBRETA DO COCHE: Debuxo "Sementes de xudía" + Ditado da páxina 26 do libro.
(Hoxe levan o LIBRO e a LIBRETA DO COCHE, para corrixir o ditado).
Que buena idea, ansiosos por ver cuantos nacen
ResponderEliminar