venres, 21 de abril de 2017

Unha noite no muíño

Os muíños, amais do sitio no que se moía o gran para obter a fariña e facer o pan, eran lugares de reunión e de troula. De aí a copla que compartiu hoxe Anxo connosco, unha das máis manidas da nosa tradición:

Unha noite no muíño,
unha noite non é nada.
Unha semaniña enteira,
esa si que é muiñada.

E é que supoño que a quen ía ao muíño, unha soa noite facíaselle pouco e clamaba por unha semana enteira de festa.
Déixovos un vídeo que atopei sobre un muíño aínda en funcionamento e o seu muiñeiro. Se vos fixades neste caso moen millo, porque é un muíño do sur de Galicia; na nosa zona era máis habitual que se moese trigo ou centeo.
https://www.youtube.com/watch?v=bYHXPDBmOPs

1 comentario:

  1. LIBRO DO COCHE: 4 e 5.
    LIBRO DO ACUARIO: 10 e 11.
    (Hoxe levan o LIBRO DO ACUARIO, tamén hai quen leva para rematar na casa o debuxo sobre o conto de hoxe: "El reino de los niños").

    ResponderEliminar