luns, 3 de abril de 2017

Como anda o tempo? (II)

Varias cousas ocuparon a nosa mañá de hoxe. Lucas contounos unha fermosa lenda sobre a orixe do lago de Sanabria (e todo de memoria!); traballamos un pouco no libro do taladro; e demos os nosos primeiros pasos no campo da meteoroloxía, elaborando un mapa coa previsión do tempo de mañá, para isto empregamos a información subministrada por MeteoGalicia.


1 comentario:

  1. LIBRO DO TALADRO: 140, 141, 144 e 145.
    LIBRETA DO TALADRO: Ditado do libro e Mapa do tempo.
    (Hoxe levan o LIBRO e a LIBRETA DO TALADRO).

    ResponderEliminar