mércores, 8 de febreiro de 2017

Non me "chinches"


Ese coitado bechiño que vedes na foto é unha Pyrrhocoris apterus ou chinche vermella que Tomé trouxo hoxe á clase. Pero non vos preocupedes: esta non se alimenta de sangue humano, como a súa incómoda parente Cimex lectularius, senón do zume de certas plantas. Todo isto aprendémolo grazas ao que nos contou Tomé e a un libro moi guai que nos amosou.

1 comentario:

  1. LIBRO DO TALADRO: 48 e 49.
    LIBRETA DO FOGUETE: Debuxo "Partes dun burro" (indicando as seguintes: cabeza, tronco, patas e rabo).
    LIBRO DO FOGUETE: 46, 47, 48 e 49.
    (Hoxe levan o LIBRO DO FOGUETE e quen non rematou o debuxo do burro tamén leva a LIBRETA).

    ResponderEliminar