mércores, 11 de xaneiro de 2017

Os animais da granxa

O comezo do tema 6 permitiunos facer un pequeno xogo competitivo por equipos no que tiñamos que adiviñar a que animal correspondía cada un dos sons que se escoitaban.
Pasámolo ben, pero aínda nos queda moito que aprender sobre que nos xogos o principal é pasalo ben e aprender, non tanto gañar ou perder.

2 comentarios:

  1. LIBRO DO TALADRO: 4 e 5.
    LIBRETA DO TALADRO: Escribo números (do 0 ao 19, con letra e con número).
    (Hoxe levan a LIBRETA DO TALADRO).

    ResponderEliminar
  2. É importante que nesta semana repasemos os números do 0 ao 19 (lectura e escritura, "con letra" e "con número"); porque no tema que comezamos xa nos meteremos coas seguintes decenas e ter clara esta primeira base é moi importante. Lédeos, escribídeos, cantádeos, xogade con eles...
    Por outra banda, despois da toma de contacto do primeiro trimestre, imos tentar que a partir de agora o traballo na libreta sexa máis ordenado, limpo e curioso: poñer a data, non facer borróns, non deixar páxinas en branco, coidar a caligrafía...).
    Boa tarde!

    ResponderEliminar