O ano vai chegando ao seu fin e con el tamén rematan as conmemoracións das Letras Galegas encol da figura de Manuel María.
Aproveitando o debuxo que nos serviu de fondo para a nosa primeira participación nos #parladoirosmiudos co recitado do poema do Arco da vella, compuxemos este fermoso mural sobre o mesmo poema e no que todos e todas puxemos o noso graíño de area e que agora loce no corredor para fachenda de toda a clase.
Pasade boa finde. O luns voltamos á "normalidade" logo desta semana tan atolapeirada.
LIBRO DO ROBOT: 118 e 119.
ResponderEliminarLIBRO DO HELICÓPTERO: 128, 129, 130 e 131.
(Hoxe levan o LIBRO DO HELICÓPTERO).
A partir do vindeiro luns xa non traeremos máis xoguetes á asemblea, nin ao colexio (excepto pelotas, combas ou similares, para xogar no patio). Si podemos seguir traendo outro tipo de obxectos similares aos que moitos/as trouxeron ata o de agora (plantas, minerais, libros,debuxos, etc, etc, etc).
ResponderEliminarXa de cara ao segundo trimestre iremos introducindo outros cambios na asemblea.