luns, 28 de novembro de 2016

Aula libre de ruído (IV)

As cadeiras da nosa aula son tan fachendosas que puxeron zapatos. Así, ademais de estar máis elegantes han facer menos barullo.
Hoxe tamén estivemos falando de que a botella de silencio, o señor Semáforo e os zapatos das cadeiras, se ben axudan, non servirán para acabar co ruído da aula se nós non poñemos todo da nosa parte.

3 comentarios:

  1. LIBRO DO HELICÓPTERO: 112 e 113.
    LIBRETA DO HELICÓPTERO: "Sumas y restas" e copia* (+ debuxo).
    LIBRO DO ROBOT: 104 e 105.
    (Hoxe levan o LIBRO DO ROBOT; algúns/has tamén, a LIBRETA DO HELICÓPTERO).
    * "Ricardo está en el parque. Ha regado las hortensias. Ahora corta las margaritas".

    ResponderEliminar