... inicia hoxe a súa viaxe na que percorrerá todas as nosas casas, enchéndoas de historias abraiantes, pequenos consellos e incluso algunha sorpresa que nos axudará a adozar o día.
A mochila sairá de viaxe cada luns e deberá estar de volta ao luns seguinte para que outra familia poida gozar dela. É moi importante que respectemos estes prazos e que coidemos moito o material que contén a mochila (son libros, discos ou películas que non nos pertencen; son de todos, de todos os nenos e nenas que xa os desfrutaron e de todos os que o farán no futuro). Sede coidadosos.
Na mochila tamén vai un caderno no que poderedes recoller as vosas impresións, comentarios, suxestións ou debuxos.
LIBRO DO HELICÓPTERO: 42, 43, 44 e 45.
ResponderEliminarLIBRO DO ROBOT: 40 e 41.
(Hoxe levan o LIBRO DO HELICÓPTERO).